A SEÑA DO TRES


A SEÑA DO TRES


Gervasio era un home pequeno e miúdo, de pel morena e cabelo escuro ao que lle faltaba un ollo. Un home sinxelo e de familia humilde que se criou “entre ovellas e vacas”. Estaba sempre de bo humor e adoitaba ir polas tardes á taberna da aldea a xogar ás cartas.
A súa vida transcorría despacio, sen presa; atendía a facenda coa súa muller e coidaba dun tío que non falaba ao que lle tiraban do aire os rapaces da vila para facelo de rabiar.
Un día chegou un estranxeiro á aldea e os veciños convidárono a botar unha partida na taberna. Puxérono de compañeiro de Gervasio e cando tocou facer a “ seña do tres” no tute, o forasteiro non puido aguantar a risa porque aquel homiño miúdo torto dun ollo, chiscaba os dous.

A broma valeulle para tomarlle o pelo durante moito tempo e agora, cada vez que xogan ao tute, os seus compañeiros din: Gervasio da a “seña do tres”.






NOELA SAA CRESPO, 4º ESO A, Nº 12

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ASÍ SON EU