Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2017

A SEÑA DO TRES

Imaxe
A SEÑA DO TRES Gervasio era un home pequeno e miúdo, de pel morena e cabelo escuro ao que lle faltaba un ollo. Un home sinxelo e de familia humilde que se criou “entre ovellas e vacas”. E staba sempre de bo humor e adoitaba ir polas tardes á taberna d a aldea a xogar ás cartas. A súa vida transcorría despacio, sen presa; atendía a facenda coa súa muller e coidaba dun tío que non falaba ao que lle tiraban do aire os rapaces d a vila para facelo de rabiar. Un día chegou un estranxeiro á aldea e os veciños convidárono a botar unha partida na taberna. Puxérono de compañeiro de Gervasio e cando tocou facer a “ seña do tres” no tute, o forasteiro non puido aguantar a risa porque aquel homiño miúdo torto dun ollo, chiscaba os dous. A broma valeulle para tomarlle o pelo durante moito tempo e agora, cada vez que xogan ao tute, os seus compañeiros din: Gervasio da a “seña do tres”. NOELA SAA CRESPO, 4º ESO A, Nº 12