Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

                    Noela está algo mal da cabeza. Encántalle a piscina e o calor e por iso sempre está desexando que chegue o verán. Se por ela fose, estaría todo o día dormindo e cando estou con ela o único que facemos é comer. Dende que estamos na mesma clase lévome moi ben con ela e as dúas falamos moito. Sempre estamos falando de chicos. É un ha rapaza alegre que sempre intenta facer o posible para alegrar aos demais e case nunca está enfadada. Rímonos moito xuntas e sempre estamos pintando o parvo. Aldara, 15 anos (amiga)                     Noela é unha rapaza que está sempre sorrindo e iso fai que estar con ela sexa xenial. É moi educada e gústalle axudar aos demais. Cando quedamos toda a familia para comer, ela sempre ven algo antes á miña casa e me axuda a por a mesa e cando ten algunha fin de semana libre facemos postres. Filomena, 60 anos (avoa)                     

ASÍ SON EU

Imaxe
GÚSTAME:    Gústanme as longas tardes de verán, saír cos amigos, andar en bicicleta, viaxar, os libros e as series de ciencia ficción, o son do mar, a pizza, a tarta de chocolate, os xeados, a nutella, pintar, debuxar, ir de compras,sacar fotos para recordar os mellores momentos, a natureza, a cor azul, os números pares, durmir, os animais, rirme das tonterías que fai meu irmán, esquiar, ir á piscina... NON ME GUSTA:    Non me gusta o puré de verdura, o queixo, a piña, o chocolate negro, madrugar, pasar frío, estudar, o outono, que me fagan spoiler dunha película, os pantalóns de campá, discutir, as películas románticas, a xente impuntual, o ruído, os deportes de raqueta, os números impares, a cor marrón, a xente que sempre quere ter a razón, o olor do tabaco, a desorde...