ASÍ SON EU: COMO ME VEN?
Noela está algo mal da cabeza. Encántalle a piscina e o calor e por iso sempre está desexando que chegue o verán. Se por ela fose, estaría todo o día dormindo e cando estou con ela o único que facemos é comer. Dende que estamos na mesma clase lévome moi ben con ela e as dúas falamos moito. Sempre estamos falando de chicos. É un ha rapaza alegre que sempre intenta facer o posible para alegrar aos demais e case nunca está enfadada. Rímonos moito xuntas e sempre estamos pintando o parvo. Aldara, 15 anos (amiga) Noela é unha rapaza que está sempre sorrindo e iso fai que estar con ela sexa xenial. É moi educada e gústalle axudar aos demais. Cando quedamos toda a familia para comer, ela sempre ven algo antes á miña casa e me axuda a por a mesa e cando ten algunha fin de semana libre facemos postres. Filomena, 60 anos (avoa) ...